|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Entrada gratuita
Aberto de mércores a luns
de 10:00 a 14:00 e
de 17:00 a 21:00
Pechado os martes
Praza de Cervantes nº 12 Baixo
15704 Santiago de Compostela
Tel. 981 552807
|
|
|
Ao acibeche se lle conferiron moitas propiedades, tanto curativas como máxicas. Comentase a capacidade de curar determinadas enfermedades, tales coma as cataratas e os "lamparones". Tamén se utilizou para artes adivinatorias e como material máxico no que destaca como protector contra o mal de ollo, por medio da Figa.
A figa é un puño pechado no que o dedo pulgar sobresae entre o índice e o medio. Protexe contra o mal de ollo, que é un mal que poseen determinadas persoas que transmiten coa mirada e que produce unha desmelloría nas persoas que o sufren, sendo os vellos e os nenos os máis propensos a "absorber" eses males.
Este símbolo, utilizado na península Ibérica e que calou en América grazas á influencia española, foi prohibido pola Igrexa, debido á súa forte carga pagana. Para disimular o símbolo, á figa se lle labraron múltiples motivos, tales como figuras xeométricas ou santos.
|
|